Traballando por Parderrubias dende 1913

Asocación de Veciños, Agrícola e Cultural San Tomé de Parderrubias

Veciñal

Traballamos polo benestar dos nosos veciños e veciñas, recollendo as sias consulta e problemas e axudándolles a buscar unha solución.

Social

Traballamos pola integración interxeneracional. Coidando dos nosos e das nosas maiores e procurando actividades de lecer para os xóvenes.

Cultural

Organizamos un gran número de actividades de lecer, formativas e culturais ademais doutras actividades coma as cabalgatas de Nadal, elaboración dos Maios, etc.

Suscríbete as nosas novas

Novas

Coñece todas as nosas novidades.

🐝 VIVA O MEL DE PARDERRUBIAS 🐝

🍯🥇 ¡OURO PARA PARDERRUBIAS! Estamos de noraboa! O mel que nace na nosa parroquia segue a conquistar o mundo. A firma Abella Leda, do apicultor Joseba Aramburu, acaba de gañar a medalla de ouro nos prestixiosos Paris Honey Awards co seu mel de milflores. 🏆🐝 Dende a Asociación de Veciños de Parderrubias, queremos poñer en valor o inmenso orgullo que supón que un produto elaborado aquí mesmo, con tanta dedicación e respecto pola nosa terra, chegue ao máis alto. É un éxito que demostra que o traballo feito con calma e paixón dende o rural ten unha calidade excepcional. Grazas, Joseba, por levar o nome de Parderrubias por todo o mundo e por coidar da nosa biodiversidade. 👏✨ Orgullo de parroquia, orgullo de Parderrubias! #Parderrubias #SalcedaDeCaselas #AbellaLeda #MelDeGalicia #Ouro

Contacta con nós

Chámanos ou ven a falar con nós

A nosa sede

Lugar A Revolta, 5, 36472 Parderrubias, Pontevedra

Chámanos

648 03 07 23 Luns a Venres, 16:00-20:00

Contacta con nós

Abrir chat
Escanea el código
AAVV Parderrubias
Ola 👋
¿En qué podemos axudarte?
Ir al contenido