Traballando por Parderrubias dende 1913

Asocación de Veciños, Agrícola e Cultural San Tomé de Parderrubias

Veciñal

Traballamos polo benestar dos nosos veciños e veciñas, recollendo as sias consulta e problemas e axudándolles a buscar unha solución.

Social

Traballamos pola integración interxeneracional. Coidando dos nosos e das nosas maiores e procurando actividades de lecer para os xóvenes.

Cultural

Organizamos un gran número de actividades de lecer, formativas e culturais ademais doutras actividades coma as cabalgatas de Nadal, elaboración dos Maios, etc.

Suscríbete as nosas novas

Novas

Coñece todas as nosas novidades.

Felicidades a toda a parroquia de Parderrubias no día de San Tomé

Celebración exitosa: A parroquia de Parderrubias celebrou a festa de San Tomé grazas á xenerosa colaboración da comisión Festa das Dores 2026 e a estrea da carpa en cuio montaxe participaron membros da comisión de 2026, 2027 e a Asociación de Veciños e voluntarios. Todo elo fixo posible un convite de viño e rosquillas e o concerto de Refugallo Rock co que todos desfrutamos lembrando a música dos nosos tempos con letras curiosas e o noso ben querido Galego 🤗

Contacta con nós

Chámanos ou ven a falar con nós

A nosa sede

Lugar A Revolta, 5, 36472 Parderrubias, Pontevedra

Chámanos

648 03 07 23 Luns a Venres, 16:00-20:00

Contacta con nós

Ir al contenido