🐝 VIVA O MEL DE PARDERRUBIAS 🐝

🍯🥇 ¡OURO PARA PARDERRUBIAS!
Estamos de noraboa! O mel que nace na nosa parroquia segue a conquistar o mundo. A firma Abella Leda, do apicultor Joseba Aramburu, acaba de gañar a medalla de ouro nos prestixiosos Paris Honey Awards co seu mel de milflores. 🏆🐝
Dende a Asociación de Veciños de Parderrubias, queremos poñer en valor o inmenso orgullo que supón que un produto elaborado aquí mesmo, con tanta dedicación e respecto pola nosa terra, chegue ao máis alto.

É un éxito que demostra que o traballo feito con calma e paixón dende o rural ten unha calidade excepcional. Grazas, Joseba, por levar o nome de Parderrubias por todo o mundo e por coidar da nosa biodiversidade. 👏✨
Orgullo de parroquia, orgullo de Parderrubias!
#Parderrubias #SalcedaDeCaselas #AbellaLeda #MelDeGalicia #Ouro

¡Traballo en equipo pola auga de Parderrubias! Rematados os traballos de limpeza de pozas no Liñar e Vilasusán

Comprácenos anunciar a finalización dos traballos de limpeza de pozas comprometidos dentro do noso plan anual de colaboración, posto en marcha pola Asociación de Veciños San Tomé de Parderrubias . Este importante proxecto iniciado xa hai varios anos, levouse a cabo grazas ao esforzo conxunto cos regantes da parroquia e… Ler máis

Plantando Vida

🌳 Plantación de 50 árbores en Certán 🌳

Onte, 29 de marzo, levamos a cabo unha xornada de plantación de 50 árbores grazas á colaboración da Asociación de Veciños San Tomé de Parderrubias, a Comunidad de Montes de Parderrubias e a Xunta de Galicia. Plantamos especies como carballos, castiñeiros, capudres e magnolios na zona de Certán, co obxectivo de mellorar o noso entorno natural e promover a biodiversidade local. 🌿

Agradecemos a colaboración de todos os veciños e voluntarios que fixeron posible esta acción! Juntos, seguimos traballando para coidar e preservar o noso medio ambiente. 💚

#Certán #MedioAmbiente #XuntaDeGalicia #Plantación #Biodiversidade #Sostibilidade #Comunidad #Facendoparroquia #AAVVParderrubias #ObradoiroSocialAuladaRevolta

Abrir chat
Escanea el código
AAVV Parderrubias
Ola 👋
¿En qué podemos axudarte?
Ir al contenido