Os nosos maiores merecen toda a nosa atención e axuda, e por iso nos animamos a buscar recursos para poder dar resposta as súas demandas.

A Asociación Veciñal Parderrubias, en colaboración coa Fundación Cibervoluntarios, organiza unha serie de obradoiros dirixidos a persoas de 60 anos ou máis, co obxectivo de fomentar o uso das novas tecnoloxías e mellorar as habilidades dixitais para navegar de forma segura por internet, realizar xestións electrónicas, e comunicarse de xeito eficaz mediante as principais plataformas e aplicacións.

A programación dos obradoiros é a seguinte:

Taller 1: Iniciación ao Mundo Dixital

  • Datas: Luns 24 de marzo ao Xoves 27 de marzo
  • Horario: 16:30-18:30
  • Modalidade: Presencial

Taller 2: Comunica con Confianza: Whatsapp e Telegram

  • Datas: Luns 31 de marzo ao Xoves 3 de abril
  • Horario: 16:30-18:30
  • Modalidade: Presencial

Taller 3: Ocio Dixital: Apps para tempo libre

  • Datas: Luns 12 de maio ao Xoves 15 de maio
  • Horario: 16:30-18:30
  • Modalidade: Presencial

Taller 4: A Túa Banca Dixital: Compras Seguras en Liña

  • Datas: Luns 19 de maio ao Xoves 22 de maio
  • Horario: 16:30-18:30
  • Modalidade: Presencial

Os obradoiros terán lugar no Obradoiro Social Aula da Revolta, en Barrio Revolta número 5, en Parderrubias. Cada curso terá un límite de 16 prazas, sendo o número mínimo de participantes de 10 persoas.

As persoas interesadas en participar poderán inscribirse enviando o seu nome, apelidos e data de nacemento a través do watsapp da asociación no número: +34 648 03 07 23

Os obradoiros YoConecto son unha excelente oportunidade para mellorar a competencia dixital das persoas maiores, adaptándose a todos os niveis de coñecemento. Durante o curso, os participantes aprenderán a navegar por internet de forma segura, realizar xestións coa Administración electrónica e a banca dixital, utilizar redes sociais, videoconferencia, e descubrir aplicacións e plataformas para o ocio, a saúde e a aprendizaxe.

YoConecto é unha iniciativa da Fundación Cibervoluntarios, dentro do programa Xeración D, impulsado por Red.es, o Ministerio para a Transformación Dixital e a Función Pública e financiado polos fondos europeos Next Generation EU no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia.

¡Non perdas a oportunidade de mellorar as túas habilidades dixitais e conectarte ao mundo!


Descubre más desde AAVV Parderrubias

Suscríbete y recibe las últimas entradas en tu correo electrónico.

Descubre más desde AAVV Parderrubias

Suscríbete ahora para seguir leyendo y obtener acceso al archivo completo.

Seguir leyendo

Abrir chat
Escanea el código
AAVV Parderrubias
Ola 👋
¿En qué podemos axudarte?
Ir al contenido