As cousas feitas con amor e cariño teñen este resultado

Todolos anos na nosa parroquia os veciños e veciñas se reúnen de forma espontánea para seguir mantendo esta tradicion que ven pasando de país a fillos e que engalana as rúas da nosa contorna.

De forma inesperada os veciños e veciñas comezan co traballo ben cedo, sobre as cateo da tarde pero xa teñen feito os traballos previos: uns donan as flores, outros donan o verde, outros donan o café, o serrín…

Pero hoxe descubrimos que moitas destas tarefas comezan o ano anterior, tinguindo o serrín, secandoo, e peneirandoo despois.

Que traballo tan bonito e con tanta devoción por manter as tradicions dos nosos avos e avoas.

E este ano non podía ser doutro xeito. Os maiores da Revolta da aula senior tamén quixeron participar e picaron no verde que mañan lociran as nosas alfombras.

E a procesión paseará por encima delas metros todos pensamos nos desexos, na intención e na paixón que puxemos en cada flor.

Porque está é unha desas tradicions que merece a pena vivir, porque alguns veciños e veciñas o fan con moito amor para o desfrute de todos.

E así remató de porse a última flor a unha e media da mañan satisfechos polo traballo en equipo, e por saber que un año máis puidemos manter esta tradición tan bonita!

Grazas a aqueles que participasteis por facer algo tan fermoso pola parroquia e grazas a aqueles que ano tras ano loitades por seguir mantendo a tradición viva e pasala de uns a outros, para que ninguen esqueza este día.


Descubre más desde AAVV Parderrubias

Suscríbete y recibe las últimas entradas en tu correo electrónico.


0 Comments

Deja una respuesta

Avatar placeholder

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Descubre más desde AAVV Parderrubias

Suscríbete ahora para seguir leyendo y obtener acceso al archivo completo.

Seguir leyendo

Abrir chat
Escanea el código
AAVV Parderrubias
Ola 👋
¿En qué podemos axudarte?
Ir al contenido