A Asociación de Veciños de Parderrubias continúa a traballar na mellora da Aula Sénior, un espazo de referencia na provincia que acolle e atende ás persoas maiores da parroquia e os arredores. Actualmente, a Aula Sénior conta cunha media de 11 usuarias e usuarios anuais que se benefician dun amplo abano de actividades.

Nun recóndito lugar da parroquia de Parderrubias, no concello de Salceda de Caselas, desenvólvense diferentes actividades cognitivas e de sociabilidade que permiten ás nosas avoas e avós desfrutar das tardes nun ambiente acolledor e participativo. Estas actividades non só teñen como obxectivo a mellora das capacidades sensoriais e cognitivas, senón que tamén se converten nun importante punto de encontro, fomentando a convivencia e a creación de momentos emotivos compartidos e de loita contra a soidade non desexada.

Para levar a cabo esta iniciativa, a Aula Sénior conta cunha educadora social que acode os luns, mércores e venres en horario de 16:00 a 19:30 horas, desenvolvendo actividades orientadas a mellorar as relacións sociais e a capacidade memorística das persoas participantes.

Moitas das usuarias e usuarios manifestaban anteriormente un sentimento de soidade, agravado pola falta de mobilidade e pola dificultade para participar en encontros sociais. Grazas á Aula Sénior, as persoas maiores participan en vídeos, saídas, xogos e diferentes dinámicas que contribúen de maneira significativa á mellora do seu estado de ánimo e benestar emocional.

Ver ás nosas persoas maiores felices, activas e compartindo experiencias é, sen dúbida, o maior éxito desta iniciativa.

Para o desenvolvemento da actividade, contamos coa colaboración económica da Deputación de Pontevedra, a través dunha achega de 3.600 euros para actuacións no ámbito social que teñen permitido ampliar o horario de actuación, e do Concello de Salceda de Caselas mediante o Pacto de Estado, cunha achega de 1.500 euros. A isto súmase a contribución das persoas usuarias, cunha cota mensual de 55 euros.

Grazas a estas achegas, a Asociación de Veciños de Parderrubias pode dar continuidade ás actividades da Aula Sénior, mantendo o seu compromiso de seguir chamando a diferentes portas para garantir a continuidade e mellora deste proxecto social tan necesario para a concialiación familiar e o acompañamento dos nosos maiores.

Se tes interés en informarte sobre esta actividade ou tes algún familiar que queira asistir, podes facelo contactando co numero da asociación a través de whatsapp: +34 648 03 07 23 ou visitar a nosa WEB: https://www.aavvparderrubias.com


Descubre más desde AAVV Parderrubias

Suscríbete y recibe las últimas entradas en tu correo electrónico.


0 Comments

Deja una respuesta

Avatar placeholder

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Descubre más desde AAVV Parderrubias

Suscríbete ahora para seguir leyendo y obtener acceso al archivo completo.

Seguir leyendo

Abrir chat
Escanea el código
AAVV Parderrubias
Ola 👋
¿En qué podemos axudarte?
Ir al contenido