🐝 VIVA O MEL DE PARDERRUBIAS 🐝

🍯🥇 ¡OURO PARA PARDERRUBIAS!
Estamos de noraboa! O mel que nace na nosa parroquia segue a conquistar o mundo. A firma Abella Leda, do apicultor Joseba Aramburu, acaba de gañar a medalla de ouro nos prestixiosos Paris Honey Awards co seu mel de milflores. 🏆🐝
Dende a Asociación de Veciños de Parderrubias, queremos poñer en valor o inmenso orgullo que supón que un produto elaborado aquí mesmo, con tanta dedicación e respecto pola nosa terra, chegue ao máis alto.

É un éxito que demostra que o traballo feito con calma e paixón dende o rural ten unha calidade excepcional. Grazas, Joseba, por levar o nome de Parderrubias por todo o mundo e por coidar da nosa biodiversidade. 👏✨
Orgullo de parroquia, orgullo de Parderrubias!
#Parderrubias #SalcedaDeCaselas #AbellaLeda #MelDeGalicia #Ouro

A Asociación de Veciños de Parderrubias impulsa a mellora da Aula Sénior, unha referencia provincial para as persoas maiores.

A Asociación de Veciños de Parderrubias continúa a traballar na mellora da Aula Sénior, un espazo de referencia na provincia que acolle e atende ás persoas maiores da parroquia e os arredores. Actualmente, a Aula Sénior conta cunha media de 11 usuarias e usuarios anuais que se benefician dun amplo… Ler máis

Abrir chat
Escanea el código
AAVV Parderrubias
Ola 👋
¿En qué podemos axudarte?
Ir al contenido