A Asociación de Veciños Agrícola e Cultural San Tomé de Parderrubias, en diante AA.VV. Parderrubias, situada na parroquia de Parderrubias no municipio de Salceda de Caselas, Pontevedra, ten como obxectivo principal mellorar o benestar da súa comunidade.

Desenvolve as súas actividades en áreas como a integración social, cultural, deportiva e medioambiental e o apoio a agricultura, nun proceso de innovación e de mellora continua en beneficio dos seus colectivos. A súa sede física atópase no Lugar A Revolta, 5, 36472 Parderrubias, no denomimado Obradoiro Social Aula da revolta.

Entre as súas actividades principais, están:

Obradoiros de novas tecnoloxías: En colaboración coa Fundación Cibervoluntarios, a asociación organiza obradoiros dirixidos a persoas maiores para mellorar a súa alfabetización dixital.
Espazo de encontro interxeracional: Tras a cesión da antiga escola unitaria da Revolta, a asociación transformouna nun punto de encontro que promove a integración entre diferentes xeracións, ofrecendo actividades que fomentan a participación activa de veciños e veciñas.

Celebracións culturais: Organizan eventos como as cabalgatas de Nadal, o Serán da colleita e a elaboración dos Maios, actividades tradicionais que reforzan a identidade cultural da comunidade.
A asociación tamén se involucra en iniciativas relacionadas co envellecemento saudable, mellorando a calidade de vida dos seus membros a través de actividades físicas e sociais.

Ofrece distintas actividades de ocio como ioga, ganchillo, inicio na costura en máquina de coser, ximnasia de mantemento para maiores, distintos obradoiros para a cativada, actividades encamiñadas a conciliación, etc.

Realiza actividades medioambientales como recollidas de lixo, roteiros culturais e rutas de senderismo para coñecer mellor o entorno, plantación de distintas especies arbóreas para o mantemento dos espazos verdes dentro da contorna da comunidade…

Fomenta a realización e difusión de charlas sobre a infancia e adolescencia, e alguns dos trastornos que afectan a poboación máis xoven hoxe en día como o TDAH ou a saúde mental.

Participa dentro da mesa local contra a violencia de xénero.
Con data 20 de febreiro de 2025 foi rexistrada como entidade prestadora de servizos sociais no rexistro da Consellería de Política Social e Igualdade, (RUEPSS) nos conceptos de comunidade e Igualdade para programas de intervención comunitaria e de información e asesoramento en igualdade e loita contra a violencia de xénero asignándolle o número E-7742.

Converteuse no mes de febreiro de 2025 en “Punto violeta”, espazo seguro para o apoio e información das posibles víctimas de abusos ou violencia de xénero.

Colabora con outras entidades parroquiais, provinciais, e coa administración local a través de distintas iniciativas e programas de violencia de xénero, igualdade, e axuda as familias en perigo de exclusión social e situación de pobreza.

Participa na contorna na difusión de valores como o respeto, a humanidade, a solidariedade e o traballo comunitario para o fortalecemento de valores positivos na sociedade.
A súa longa traxectoria, que remonta a 1979, reflicte un compromiso constante co desenvolvemento social e cultural de Parderrubias, e da contorna do seu concello, adaptándose ás necesidades cambiantes da comunidade ao longo dos anos.

Abrir chat
Escanea el código
AAVV Parderrubias
Ola 👋
¿En qué podemos axudarte?
Ir al contenido