Chegan os Primeiros Xogos Tradicionais “Terra do Caselas”: Inscricións abertas ata o 21 de maio!

AtenCIÓN, parroquias de Salceda!

O 21 de xuño, a iso das 10 da mañá (sen présa pero sen pausa), chegan os Primeiros Xogos Tradicionais Terra do Caselas!

Prepárate para lanzar a chave , correr con sacos, colgar a silla ou saber quen é o máis rápido… ¡en meter o ovo na culler sen deixalo caer!
(Non é metáfora, é literal).

Queres representar a túa parroquia con orgullo e sen romper moitos ósos? Pois espabila, que tes ata o 21 de maio para montar o teu equipo e dicir:
«Nós somos de Parderrubias e vimos dar guerra!»
(ou de San Xurxo, A Picoña, Castro Barreiro, Soutelo, Santa María ou Entienza, que aquí hai sitio pra todos).

Organizan as asociacións de veciños que saben o que se fan (e se non, inventámolo).

Aviso importante:
Non se precisa ser deportista de elite, pero recoméndase ter humor, ganas de pasalo ben e saber esquivar un cachote cando toca a billarda.

Apúntate, que vai ser mítico.

#TerraDoCaselas #XogosTradicionais #SalcedaPower #ParderrubiasEnPé #OrgulloParroquial #SeNonVésArrepentiraste

«Plantando Vida»: Unha Iniciativa para Coidar Os Nosos Montes

🌱🌳 «Plantando Vida» 🌳🌱

A Asociación de Veciños de Parderrubias e a Comunidad de Montes de Parderrubias organizan unha xornada de plantación de 50 árbores doadas pola Xunta de Galicia en conmemoración do Día do Árbore.

Contaremos coa presenza dunha motobomba, un axente ambiental e unha brigada forestal para falar sobre a importancia de coidar os nosos montes e as precaucións fronte aos incendios forestais.

🗓️ Cando? Sábado 29 as 11:00 en cerdán, parderrubias
👨‍👩‍👧‍👦 A quen? A todos, maiores e pequenos, para que xuntos poidamos coidar o noso entorno.

Anímate a participar e axudarnos a plantar vida! 🌿💚 #PlantandoVida #CoidemosOsNososMontes #DíaDoÁrbore #ComunidadUnida #CuidemosONossoEntorno

Abrir chat
Escanea el código
AAVV Parderrubias
Ola 👋
¿En qué podemos axudarte?
Ir al contenido