AGRÍCOLA CULTURA MAIORES NOVAS SOCIAL
Un fin de semana cheo de emocións no XVIII Serán da colleita de Parderrubias
XVIII serán da colleita, celebrouse en Parderrubias como todolos anos o primeiro fin de semana de Outubro.
Estivo ademáis unido a esta celebración o visionado da peza “que podemos aprender dos nosos avos” e a celebración dos premios “Veciño honorable mais veterano” 2025
CULTURA SOCIAL
Gran éxito na celebración do San Tomé en Parderrubias!
Salceda de Caselas, [7 de xullo de 2025] A Asociación de Veciños de Parderrubias comprácese en anunciar o rotundo éxito da recente celebración de San Tomé, unha festividade que, como cada ano, reúne a veciños e visitantes nun ambiente de alegría e tradición. Aínda que a festividade principal se celebra… Ler máis
CULTURA DEPORTIVO NOVAS SOCIAL
Chegan os Primeiros Xogos Tradicionais “Terra do Caselas”: Inscricións abertas ata o 21 de maio!
Atención, parroquias de Salceda!
O 21 de xuño, a iso das 10 da mañá (sen présa pero sen pausa), chegan os Primeiros Xogos Tradicionais Terra do Caselas!
Prepárate para lanzar a chave , correr con sacos, colgar a silla ou saber quen é o máis rápido… ¡en meter o ovo na culler sen deixalo caer!
(Non é metáfora, é literal).
Queres representar a túa parroquia con orgullo e sen romper moitos ósos? Pois espabila, que tes ata o 21 de maio para montar o teu equipo e dicir:
«Nós somos de Parderrubias e vimos dar guerra!»
(ou de San Xurxo, A Picoña, Castro Barreiro, Soutelo, Santa María ou Entienza, que aquí hai sitio pra todos).
Organizan as asociacións de veciños que saben o que se fan (e se non, inventámolo).
Aviso importante:
Non se precisa ser deportista de elite, pero recoméndase ter humor, ganas de pasalo ben e saber esquivar un cachote cando toca a billarda.
Apúntate, que vai ser mítico.
#TerraDoCaselas #XogosTradicionais #SalcedaPower #ParderrubiasEnPé #OrgulloParroquial #SeNonVésArrepentiraste



