Veciños e veciñas! Xa se respira o espírito de Nadal nas nosas rúas e, dende a Asociación de Veciños Agrícola e Cultural San Tomé, preparamos unha programación máxica para desfrutarmos xuntos destas datas tan sinaladas.
🎅 Cabalgata de Papá Noel – 24 de decembro
Preparádevos para recibir a Papá Noel nun percorrido cheo de ilusión!
15:00h: Saída dende o Obradoiro Social A Revolta para percorrer o barrio da Revolta -presa para regresar o centro cultural.
16:15h: Recepción de Papá Noel e agasallos para os nenos no Centro Cultural de Parderrubias.
16:30h: Actuación da Rondalla de Ventosela (Redondela) no Centro Cultural.
👑 Visita dos Reis Magos – 5 de xaneiro
Súas Maxestades de Oriente non faltarán á súa cita anual coa nosa parroquia.
15:00h: Desfile de Súas Maxestades pola parroquia de o tempo acompaña.
16:00h: Recepción e sorpresas no Centro Cultural de Parderrubias.
18:00 participación da cabalgata de parderrubias na gran cabalgata de Salceda de Caselas.
👋 BUSCAMOS PARTICIPANTES!
Queres vivir o Nadal dende dentro? Buscamos persoas que queiran participar nas cabalgatas do 5 de xaneiro. Se tes ganas de divertirte e repartir ilusión, ponte en contacto con nós!
Como participar ou solicitar información?
WhatsApp da Directiva: +34 648 03 07 23.
Agardámoste para celebrar estas festas en comunidade!



Descubre más desde AAVV Parderrubias
Suscríbete y recibe las últimas entradas en tu correo electrónico.
0 Comments