Parderrubias da a coñecer os seus alcumes: unha iniciativa para recuperar a memoria e o patrimonio inmaterial da parroquia

A Asociación de Veciñ@s Agrícola e Cultural San Tomé de Parderrubias ten posto en marcha un proxecto destinado a recuperar, documentar e poñer en valor os alcumes tradicionais da parroquia, un dos sinais de identidade máis representativos da súa historia e do seu patrimonio inmaterial.

Na actualidade, a parroquia conserva máis de 60 alcumes que identifican ás distintas familias e que, en moitos casos, son máis coñecidos que os propios nomes de orixe. Transmitidos de xeración en xeración, estes apelativos populares forman parte da memoria colectiva local e constitúen un valioso legado cultural que a entidade veciñal busca protexer contra o esquecemento.

Felicidades a toda a parroquia de Parderrubias no día de San Tomé

Celebración exitosa: A parroquia de Parderrubias celebrou a festa de San Tomé grazas á xenerosa colaboración da comisión Festa das Dores 2026 e a estrea da carpa en cuio montaxe participaron membros da comisión de 2026, 2027 e a Asociación de Veciños e voluntarios. Todo elo fixo posible un convite de viño e rosquillas e o concerto de Refugallo Rock co que todos desfrutamos lembrando a música dos nosos tempos con letras curiosas e o noso ben querido Galego 🤗

🐝 VIVA O MEL DE PARDERRUBIAS 🐝

🍯🥇 ¡OURO PARA PARDERRUBIAS!
Estamos de noraboa! O mel que nace na nosa parroquia segue a conquistar o mundo. A firma Abella Leda, do apicultor Joseba Aramburu, acaba de gañar a medalla de ouro nos prestixiosos Paris Honey Awards co seu mel de milflores. 🏆🐝
Dende a Asociación de Veciños de Parderrubias, queremos poñer en valor o inmenso orgullo que supón que un produto elaborado aquí mesmo, con tanta dedicación e respecto pola nosa terra, chegue ao máis alto.

É un éxito que demostra que o traballo feito con calma e paixón dende o rural ten unha calidade excepcional. Grazas, Joseba, por levar o nome de Parderrubias por todo o mundo e por coidar da nosa biodiversidade. 👏✨
Orgullo de parroquia, orgullo de Parderrubias!
#Parderrubias #SalcedaDeCaselas #AbellaLeda #MelDeGalicia #Ouro

¡Traballo en equipo pola auga de Parderrubias! Rematados os traballos de limpeza de pozas no Liñar e Vilasusán

Comprácenos anunciar a finalización dos traballos de limpeza de pozas comprometidos dentro do noso plan anual de colaboración, posto en marcha pola Asociación de Veciños San Tomé de Parderrubias . Este importante proxecto iniciado xa hai varios anos, levouse a cabo grazas ao esforzo conxunto cos regantes da parroquia e… Ler máis

O 27 de Xullo imos de excursión!!

Subvencionados polo programa +convivencia da Deputacion de Pontevedra, celebraremos como todos os años a excursión dos socios. E para elo visitaremos esta vez as terras de Cangas, e disfrutaremos dun fabuloso paseo en barco. Se queres acompañarnos apúntate o próximo día 6 de xullo no centro cultural de parderrubias, en… Ler máis

Chegan os Primeiros Xogos Tradicionais “Terra do Caselas”: Inscricións abertas ata o 21 de maio!

Atención, parroquias de Salceda!

O 21 de xuño, a iso das 10 da mañá (sen présa pero sen pausa), chegan os Primeiros Xogos Tradicionais Terra do Caselas!

Prepárate para lanzar a chave , correr con sacos, colgar a silla ou saber quen é o máis rápido… ¡en meter o ovo na culler sen deixalo caer!
(Non é metáfora, é literal).

Queres representar a túa parroquia con orgullo e sen romper moitos ósos? Pois espabila, que tes ata o 21 de maio para montar o teu equipo e dicir:
«Nós somos de Parderrubias e vimos dar guerra!»
(ou de San Xurxo, A Picoña, Castro Barreiro, Soutelo, Santa María ou Entienza, que aquí hai sitio pra todos).

Organizan as asociacións de veciños que saben o que se fan (e se non, inventámolo).

Aviso importante:
Non se precisa ser deportista de elite, pero recoméndase ter humor, ganas de pasalo ben e saber esquivar un cachote cando toca a billarda.

Apúntate, que vai ser mítico.

#TerraDoCaselas #XogosTradicionais #SalcedaPower #ParderrubiasEnPé #OrgulloParroquial #SeNonVésArrepentiraste

Recibimos a visita do Presidente José dos Reis e o Concelleiro Osvaldo Chantre de Tarrafal,Cabo Verde, xunto co Alcalde de Nigrán e Presidente do fondo Galego, Juan Antonio González, para establecer unha hermandade de colaboración coa AA.VV de Parderrubias

Fortalecendo os lazos entre Parderrubias e Tarrafal de Cabo Verde

Onte, a Asociación de Veciños San Tomé de Parderrubias recibiu ao Presidente de Tarrafal de Cabo Verde, José dos Reis, e ao Concelleiro Osvaldo Chantre, xunto co Alcalde de Nigrán, Juan Antonio González, para establecer unha hermandade de colaboración. A visita, realizada no Obradoiro Social da Revolta, abriu a porta a novos proxectos, como a creación de vídeos formativos para mulleres de Tarrafal e o desenvolvemento dunha páxina web para a Cámara de Comercio de Tarrafal, a cargo de Alfredo, colaborador da asociación, e Presidente do CB Caselas..

Tamén se creará un grupo de WhatsApp para fomentar a colaboración entre as mulleres de Tarrafal e voluntarios de Paredrrubias, promovendo o empoderamento feminino e o intercambio cultural. 🤝💚

#Colaboración #EmpoderamentoFeminino #Tarrafal #Parderrubias #IntercambioCultural #MulleresDeTarrafal #Xuntos #CooperaciónInternacional #Formación #Solidariedade

Ir al contenido