Con motivo do 8M, a organización de veciños organizada esta fin de semana dúas actividades que se llevarán a cabo no Obradoiro social A Revolta:

O venres 7 de Marzo ás 20:00, levarase a cabo a proxeccion “As sufraxistas”,unha película histórica que narra a loita das mulleres no Reino Unido para obter o dereito ao voto a principios do século XX. A trama céntrase en Maud Watts, unha moza traballadora da lavandería que, despois de vivir unha vida difícil e ser testemuña de inxustizas sociais, únese ao movemento sufraxista. Ao longo da película, Maud enfróntase á represión, á violencia policial e á discriminación, xa que se implica cada vez máis na causa da igualdade de dereitos.

O sábado 8 de marzo, con motivo do Día Internacional da Muller, as 19:30, a Asociación de veciños organiza unha actividade titulada «Raíces e logros: Da loita histórica aos avances en igualdade».

A xornada comezará cunha proxección dun documental que repasará os orixes e a evolución das loitas feministas vinculadas a esta data, destacando os logros alcanzados ao longo dos anos.

Despois da visualización, terá lugar unha mesa redonda na que se debaterán as políticas e programas en marcha promovidos polas administracións para fomentar a igualdade de xénero, onde se analizarán as medidas dispoñibles e os retos que aínda permanecen. A continuación dende a Asociación por ande en coñecemento dos asistentes as medidas que a Asociación está poñendo en marcha neste sentido.

A continuación terá lugar a mesa redonda na que 5 referentes emprendedoras falarán sobre as oportunidades e dificultades para emprender que se atopaban e atopan as mulleres.

A xornada rematará con pincho para favorecer o diálogo entre os participantes. Non o perdas!!!

XUNT@S FACEMOS MÁIS!!!


Descubre más desde AAVV Parderrubias

Suscríbete y recibe las últimas entradas en tu correo electrónico.


0 Comments

Deja una respuesta

Avatar placeholder

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Descubre más desde AAVV Parderrubias

Suscríbete ahora para seguir leyendo y obtener acceso al archivo completo.

Seguir leyendo

Abrir chat
Escanea el código
AAVV Parderrubias
Ola 👋
¿En qué podemos axudarte?
Ir al contenido