
Hoxe é o último día para rexistrarse no taller 1 da primeira edición de «Yo conecto» que levará a cabo en parderrubias do 24 ao 27 de Marzo. O curso é gratuito e poderán acceder a él todas aquelas persoas maiores de 60 anos.
- Taller 1: L.1. Iniciación ao Mundo Dixital
- Programación: Luns 24 de Marzo ao Xoves 27 de Marzo. Horario: 16:30-18:30
- Modalidade: Presencial
Neste curso aprenderás os primeiros pasos no uso do computador ou o móbil, desde descargar unha app, facer unha videochamada ou enviar un correo electrónico.
«YoConecto» son cursos adaptados a todos os niveis, que permitirán ás persoas participantes aprender a navegar de forma segura por Internet, realizar xestións coa Administración electrónica e a banca dixital. Ademais, poderán utilizar redes sociais e ferramentas dixitais de maneira creativa e segura, comunicarse por videochamada e descubrir plataformas e apps para a aprendizaxe, o lecer e a saúde.
Tamén aprenderán a impulsar o seu negocio en contornas dixitais e a crear o seu currículo dixital. Todo o que necesitan para avanzar en internet.
Estas actuacións forman parte da iniciativa Xeración D impulsada por Red.es, Ministerio para a Transformación Dixital e da Función Pública, e están financiadas polo Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia a través dos fondos Next Generation da Unión Europea.
Descubre más desde AAVV Parderrubias
Suscríbete y recibe las últimas entradas en tu correo electrónico.
0 Comments