A asociación de Veciños Santo tomé de Parderrubias organiza os próximos 14,15 e 16 de Abril un campamento dixital da man da Fundación @cibervoluntarios no que os rapaces poderán aprender a través do seu ordenador con contidos adaptados a súa idade.

  • Linea de Edad: L1 (9-13 años) L2 (14-17 anos)
  • Fechas:  14, 15 Y 16 de abril
  • Horario: 09:00-14:00h
  • Dirección: Obradoiro Social aula da revolta (Parderrubias-Salceda de Caselas)

De 9 a 11 anos aprenderán:

Aprenden a buscar información valiosa, crear contido dixital como presentacións ou carteis, identificar bulos e evitar a difusión de noticias falsas, ademais de recoñecer riscos na Internet e cómo manterse seguros.

  • A usar palabras clave e preguntas completas nos buscadores web para atopar información de valor. A través de retos, responderán preguntas sobre distintos temas, utilizando a Internet para atopar as respostas correctas.
  • As ferramentas para crear contido dixital, aprendendo consellos e pautas para deseñar información e elementos visuais coma carteis e presentacións, utilizando programas coma PowerPoint ou Canva.
  • Qué é un bulo, o seu impacto e cómo frear a desinformación, así como evitar a difusión de noticias
    falsas. Amosaránselle exemplos de distintos bulos para que os identifiquen.
  • A recoñecer posibles riscos na Internet e cómo manterse seguros. Amosaranse exemplos de riscos e daranse consellos sobre cómo actuar en cada caso.

De 12 a 13 anos aprenderán

Céntranse en equilibrar o uso da tecnoloxía con outras actividades, coidar a privacidade nas redes sociais, xestionar contido na nube e detectar posibles situacións de ciberacoso.

  • A equilibrar o uso da tecnoloxía con actividades fora da pantalla. Por exemplo, deberán seleccionar unha app que usen a miúdo e da que reciban moitas notificacións, e coñecerán cómo desactivalas.
  • Cómo coidar a súa privacidade e as normas de comportamento nas redes sociais. Por exemplo, crearán unha infografía sobre cómo usar as redes sociais de xeito adecuado. Cada un elixirá un tema relacionado, como a privacidade ou a reputación online, e o investigará en Internet.
  • A filtrar, gardar e compartir o contido que atopan en Internet. Por exemplo, farán unha práctica con Google Drive para aprender a subir, gardar e compartir documentos, e crear documentos colaborativos.
  • A detectar posibles situacións de ciberacoso e saberán cómo previlas. Por exemplo, nunha actividade práctica analizarán un caso de ciberbullying nunha rede social e responderán a preguntas sobre o caso para evaluar o contido aprendido.

De 14 a 17 anos aprenderán:

Desenrolar habilidades para xestionar mellor o seu tempo online, configurar a privacidade nas redes sociais, protexer os seus datos e buscar emprego, utilizando ferramentas dixitais coma Canva ou Genially .

  • Cómo equilibrar o tempo que pasan usando dispositivos electrónicos. Por exemplo, deberán diseñar un cronograma para xestionar mellor o seu tempo, utilizando a ferramenta Genially.
  • O uso consciente e responsable da Internet e as redes sociales. Buscarán información sobre normas de uso e configuración de privacidade en redes sociais como Instagram ou TikTok, para crear un documento sobre o seu perfil persoal.
  • Cómo equilibrar o tempo que pasan usando dispositivos electrónicos. Por exemplo, deberán diseñar un cronograma para xestionar mellor o seu tempo, utilizando a ferramenta Genially.
  • O uso consciente e responsable da Internet e as redes sociales. Buscarán información sobre normas de uso e configuración de privacidade en redes sociais como Instagram ou TikTok, para crear un documento sobre o seu perfil persoal.
  • A identificar os principais riscos na rede, cómo protexer os seus datos persoais e manter a privacidade en entornos virtuais. Cos coñecementos aprendidos, crearán unha infografía coa información clave sobre cómo xestionar as súas contrasinais e privacidade na Internet.
  • Ónde buscar ofertas de emprego e analizar se se axustan ao su perfil, e a personalizar a súa carta de presentación ou currículum. Tamén farán unha plantilla para axilizar a súa búsqueda de emprego a través de aplicacións coma Canva ou Genially.

Se queres rexistrar o/a teu cativ@ remítenos unha mensaxe o noso watsapp indicando «solicitude de praza no campamento dixital para que nos poñamos en contacto contigo e concretemos os datos necesarios para a reserva da praza.

Campamento Digital é unha iniciativa impulsada por Fundación Cibervoluntarios, dentro do Programa de Competencias Dixitais para a Infancia, CODI, posto en marcha polo Ministerio de Xuventude e Infancia, financiado pola Unión Europea-Next Generation EU.


Descubre más desde AAVV Parderrubias

Suscríbete y recibe las últimas entradas en tu correo electrónico.


0 Comments

Deja una respuesta

Avatar placeholder

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Descubre más desde AAVV Parderrubias

Suscríbete ahora para seguir leyendo y obtener acceso al archivo completo.

Seguir leyendo

Abrir chat
Escanea el código
AAVV Parderrubias
Ola 👋
¿En qué podemos axudarte?
Ir al contenido