Esta fin de semana tuvo lugar o noso XVIII serán da colleita.
Como todolos nos preparamos con agarimo e devoción os actos que cada año forman parte da Nosa programación.

Esta programación conta tod@s os anos con actividades para todos os públicos que tratan de poñer en valor a nosa tradición, os nosos costumes, a Nosa lingua e de crear comunidade favoreciendo espazos onde poidamos compartir encontros con outros veciños e veciñas da nosa ou doutras parroquias dos arredores.
Entre as actividades que se celebra este día están a “Exposición da colleita”, una exposición de instrumentos tradicionais gallegos e ferramentas que se empregaba no campo, cubro con frontis propios do tempo.

























Este ano sumamos un acto especial, a proxeccion do video titulado: ¿Qué podemos aprender dos avós?,Un vídeo que non é só un vídeo, senón unha historia compartida, feita de lembranzas, afectos e colaboración que tanto nos gustan na Asociación de veciños, entre nenos, xóvenes, maiores e distintos grupos de asociación e administración públicas.

Entre os artistas principais, os nosos maiores, protagonistas deste vídeo, os que damos as grazas por compartir connosco a súa memoria, a súa voz e a súa sabedoría: Ana maría, Valeriana, fina, Otilia, lucita, rosa, ramona, luz, minda, maruxa, juan, salvador e Pura e Justo.
Grazas por abrirnos as portas da vosa vida e por seguir sendo exemplo de comunidade viva.
A producción e edición da pieza visual correu a cargo de Marco Romero Lemos e contó co apoio funcional e presupostario da Asociación de veciños San Tomé Parderrubias e a Asociación Xuvenil San Amaro de Parderrubias.
Esta creación audiovisual estivo subvencionada cun total de case 4.500€ pola Deputacion de Pontevedra, onde se inclúen outras liñas de traballo como a formación os nosos maiores en redes sociais.
Contamos coa asistencia de moitos veciños e amigos que encheron o auditorio.























A continuación tivo lugar o acto de entrega do PREMIO VECIÑO HONORAbLE 2025 que este año recaeu en Salvador González Estévez, Veciño da Revolta de 93 años e mais de 20 años como socio da Asociación de veciños.

A presidenta da asociación dirixiu algunhas palabras o auditorio: “A vosa confianza é fundamental para que iniciativas como esta sigan medrando.
Este vídeo é moito máis que imaxes: é un reflexo do que somos cando traballamos xuntos,
cando poñemos en común o que temos e o que somos. Que este acto sexa un recordatorio de que a unión fai a forza, e que a nosa parroquia ten futuro porque ten memoria.”
Todo o acto estuvo amenizado pola vas de música SDS (Somos de Salceda), unha banda xoven que ven pegando moi forte 😀

A continuación tivo lugar o serán no que participaron varios grupos da contorna mentres se disfrutaba duns vos pinchos de chourizo e Ourella, e un chocolate ben quente.

Descubre más desde AAVV Parderrubias
Suscríbete y recibe las últimas entradas en tu correo electrónico.
0 Comments