Queridos veciños e veciñas!
Hoxe queremos expresar o noso máis profundo e sincero agradecemento á Comisión Festa das Dores 2026 pola súa xenerosa achega para colaborar na celebración da nosa festa de San Tomé de Parderrubias. Grazas ao seu apoio, hoxe puidemos gozar todos xuntos dun bo viño, unhas ricas rosquillas e, por suposto, do marabilloso concerto de Refugallo Rock!

Comisión das dores de Parderrubias 2026

Pero os motivos para dar as grazas non quedan aí. Queremos agradecer de corazón que nos permitisen estrear a carpa nova que adquiriu a comisión para o uso de toda a parroquia.
Unha mención moi especial e un aplauso enorme vai para todas as persoas da comisión de 2026 e da nova comisión de 2027. Grazas por achegarvos a botar unha man e axudar a montala; grazas a vós, os músicos puideron tocar un pouquiño máis resgardados e conseguimos aminorar a calor sufocante do día. Iso si que é espírito de equipo!

Cando as cousas se traballan en común, o resultado é simplemente marabilloso. Demostramos, unha vez máis, que temos a mellor parroquia e os mellores veciños de toda a contorna.

Grazas a todos por facer de hoxe un día tan especial! Viva San Tomé e viva Parderrubias!

Por petición popular en Outubro volvemos traer a Refugallo Rock no noso Serán

A disfrutar do Domingo de Sol

Refugallo Rock nas Festas de San Tomé de Parderrubias 2026


Descubre más desde AAVV Parderrubias

Suscríbete y recibe las últimas entradas en tu correo electrónico.


0 Comments

Deja una respuesta

Avatar placeholder

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Descubre más desde AAVV Parderrubias

Suscríbete ahora para seguir leyendo y obtener acceso al archivo completo.

Seguir leyendo

Ir al contenido