Inscripción Parderrubias a través de whatsapp 648.030.723

O vindeiro 21 de xuño, a partir das 10 da mañá, celébranse os Primeiros Xogos Tradicionais Terras do Caselas, unha xornada de convivencia, deporte popular e tradición organizada polas asociacións de veciños de San Xurxo, A Picoña, Parderrubias, Castro Barreiro, Soutelo, Santa María e Entienza, de Salceda de Caselas.

A primeira edición debates xogos tera lugar na parroquia da Picoña, e desenvolveranse xogos tradicionais como os bolos, os sacos, o ovo, o pañuelo, a pincha, a chave… xogos para todalas idades.

Este evento busca recuperar os xogos de toda a vida, fomentar o espírito de comunidade e representar con orgullo as distintas parroquias do noso concello.

Chámase á participación de equipos que representen a cada parroquia, e queiran formar parte desta primeira edición histórica.

O prazo para rexistrarse está aberto ata o 21 de maio, e os equipos interesados en representar a Parderrubias ou calquera das parroquias participantes deben inscribirse antes desa data límite.

Será unha xornada para gozar en familia e lembrar as nosas raíces a través do xogo, a colaboración e o bo ambiente.

Anímate a participar e representar á túa parroquia!


Descubre más desde AAVV Parderrubias

Suscríbete y recibe las últimas entradas en tu correo electrónico.


0 Comments

Deja una respuesta

Avatar placeholder

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Descubre más desde AAVV Parderrubias

Suscríbete ahora para seguir leyendo y obtener acceso al archivo completo.

Seguir leyendo

Abrir chat
Escanea el código
AAVV Parderrubias
Ola 👋
¿En qué podemos axudarte?
Ir al contenido