A Asociación de Veciños de San Tomé de Parderrubias organiza unha festa de Entroido o próximo 3 de marzo, pensada especialmente para favorecer a conciliación das familias e ofrecer un espazo de diversión para os máis pequenos.
A actividade está dirixida a nenos e nenas de entre 6 e 14 anos e terá lugar no Obradoiro Social Escola da Revolta en Parderrubias, en horario de 09:00 a 14:30.

Durante esta xornada, os rapaces e rapazas poderán gozar dunha variedade de actividades como talleres de máscaras, xogos tradicionais e moitas máis sorpresas, todo nun ambiente festivo e seguro.
É necesario reservar praza con antelación para participar. As inscricións realízanse a través de WhatsApp ao 648 030 723. Escanea ou pulsa aqui abaixo 👇👇👇👇👇.
¡ Ven gozar dun Entroido cheo de creatividade e diversión!.
Descubre más desde AAVV Parderrubias
Suscríbete y recibe las últimas entradas en tu correo electrónico.
0 Comments