
O próximo venres 14 a partir das 18:30, no Obradoiro Social da Revolta en Parderrubias, recibiremos a visita do Rancho de Salceda que agasallará os nosos maiores participantes na actividade “Aula Senior” da Revolta e a todos e a todas aqueles veciños e veciñas que se queiran achegar cunha fantástica actuación.
Dende a Directiva da Asociación de Veciños de Parderrubias non podemos máis que agradecer esta actuación e visita altruista, que forma parte das colaboracións con outros colectivos, desenvoltas dende esta Asociacion , das que nos sentimos moi orgullosos.
Salceda é unha poboación que posúe un tecido asociativo do que sentirse ben orgullosos, Pois hai que lembrar que as persoas que os forman o fan por vocación e de forma altruista, o que é si cabe máis digno de admirar, porque son xente cun gran corazón e vocación de servizo. Ole, Ole e Ole por tod@s eles e elas.
VIVA O ENTROIDO DE SALCEDA!!
Descubre más desde AAVV Parderrubias
Suscríbete y recibe las últimas entradas en tu correo electrónico.
0 Comments