Rexistrate hoxe no Taller 1 iniciacón al mundo digital de Fundación Cibervoluntarios en colaboración coa Asociación de veciños agrícola e cultural de parderrubias.

Hoxe é o último día para rexistrarse no taller 1 da primeira edición de «Yo conecto» que levará a cabo en parderrubias do 24 ao 27 de Marzo. O curso é gratuito e poderán acceder a él todas aquelas persoas maiores de 60 anos.

  • Taller 1: L.1. Iniciación ao Mundo Dixital
  • Programación: Luns 24 de Marzo ao Xoves 27 de Marzo. Horario: 16:30-18:30
  • Modalidade: Presencial

Neste curso aprenderás os primeiros pasos no uso do computador ou o móbil, desde descargar unha app, facer unha videochamada ou enviar un correo electrónico.

«YoConecto» son cursos adaptados a todos os niveis, que permitirán ás persoas participantes aprender a navegar de forma segura por Internet, realizar xestións coa Administración electrónica e a banca dixital. Ademais, poderán utilizar redes sociais e ferramentas dixitais de maneira creativa e segura, comunicarse por videochamada e descubrir plataformas e apps para a aprendizaxe, o lecer e a saúde.

Tamén aprenderán a impulsar o seu negocio en contornas dixitais e a crear o seu currículo dixital. Todo o que necesitan para avanzar en internet.

Estas actuacións forman parte da iniciativa Xeración D impulsada por Red.es, Ministerio para a Transformación Dixital e da Función Pública, e están financiadas polo Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia a través dos fondos Next Generation da Unión Europea.


Descubre más desde AAVV Parderrubias

Suscríbete y recibe las últimas entradas en tu correo electrónico.


0 Comments

Deja una respuesta

Avatar placeholder

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Descubre más desde AAVV Parderrubias

Suscríbete ahora para seguir leyendo y obtener acceso al archivo completo.

Seguir leyendo

Abrir chat
Escanea el código
AAVV Parderrubias
Ola 👋
¿En qué podemos axudarte?
Ir al contenido