• A Asociación de Veciñ@s San Tomé documenta máis de 60 alcumes tradicionais que identifican ás familias da comunidade.
  • O proxecto inclúe gravacións audiovisuais con testemuños veciñais e conta co financiamento da Deputación de Pontevedra e do Concello de Salceda de Caselas.

SALCEDA DE CASELAS, [24 de Julio 2026] — A Asociación de Veciñ@s Agrícola e Cultural San Tomé de Parderrubias ten posto en marcha un proxecto destinado a recuperar, documentar e poñer en valor os alcumes tradicionais da parroquia, un dos sinais de identidade máis representativos da súa historia e do seu patrimonio inmaterial.

Na actualidade, a parroquia conserva máis de 60 alcumes que identifican ás distintas familias e que, en moitos casos, son máis coñecidos que os propios nomes de orixe. Transmitidos de xeración en xeración, estes apelativos populares forman parte da memoria colectiva local e constitúen un valioso legado cultural que a entidade veciñal busca protexer contra o esquecemento.

Documentación audiovisual e memoria oral

Para levar a cabo este traballo de campo, o técnico en audiovisuais Marcos Romero atópase realizando a documentación gráfica e audiovisual en estreita colaboración coa asociación. A través de entrevistas en profundidade ás familias de Parderrubias, estanse a recompilar testemuños sobre a orixe destes alcumes, así como vivencias, tradicións, festas, costumes e acontecementos clave da historia local.

«Os alcumes non só identifican ás familias, senón que tamén contan historias, explican a evolución da comunidade e fortalecen o sentimento de pertenza ao territorio», destacan dende a Asociación de Veciñ@s San Tomé. «Recuperar a identidade de Parderrubias a través dos testemuños dos seus veciños e veciñas supón unha oportunidade única para preservar unha parte da nosa historia que, doutro xeito, podería perderse.»

Raíces con proxección internacional

Entre os alcumes recompilados figuran algúns vinculados a liñaxes de personaxes de gran relevancia pública. É o caso de familias das que proceden figuras de proxección internacional como o actor hollywoodiense Martin Sheen ou o futbolista profesional Denis Suárez, o que amosa como estes nomes populares forman parte da historia viva e transcendente da parroquia.

Apoio institucional

O proxecto conta cun investimento total de 4.083,75 euros, financiado nun 70 % pola Deputación de Pontevedra e nun 30 % polo Concello de Salceda de Caselas. Esta colaboración entre administracións e tecido asociativo e veciñal fai posible desenvolver unha iniciativa centrada na recuperación da memoria oral.

Con esta acción, a Asociación de Veciñ@s Agrícola e Culrura San Tomé de Parderrubias reafirma o seu compromiso coa conservación da identidade e das tradicións locais, garantindo que este patrimonio inmaterial continúe vivo e sexa transmitido ás futuras xeracións, o tempo que segue apostando por actividades interxeracionáis que unan as distintas xeracións da parroquia.

Contacto de prensa:

  • Entidade: Asociación de Veciñ@s Agrícola e Cultural San Tomé de Parderrubias
  • Lugar: Parderrubias, Salceda de Caselas (Pontevedra)
  • Correo electrónico: comunicacion@aavvparderrubias.com

Descubre más desde AAVV Parderrubias

Suscríbete y recibe las últimas entradas en tu correo electrónico.


0 Comments

Deja una respuesta

Avatar placeholder

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Descubre más desde AAVV Parderrubias

Suscríbete ahora para seguir leyendo y obtener acceso al archivo completo.

Seguir leyendo

Ir al contenido