🎉 Dous días para volver vivir a nosa historia. Deporte, música, gastronomía e tradición no corazón do Penedo Redondo. Ven formar parte da Festa do Deporte!

🎉 Volve a Festa do Deporte ao Penedo Redondo! Hai festas que nunca se esquecen. 💚 Durante moitos anos, aproximadamente entre os anos 80 e comezos dos 2000, o Penedo Redondo encheuse de veciñas, veciños, familias e amizades para celebrar a tradicional Festa do Deporte. Foron días cheos de alegría,… Ler máis

Parderrubias da a coñecer os seus alcumes: unha iniciativa para recuperar a memoria e o patrimonio inmaterial da parroquia

A Asociación de Veciñ@s Agrícola e Cultural San Tomé de Parderrubias ten posto en marcha un proxecto destinado a recuperar, documentar e poñer en valor os alcumes tradicionais da parroquia, un dos sinais de identidade máis representativos da súa historia e do seu patrimonio inmaterial.

Na actualidade, a parroquia conserva máis de 60 alcumes que identifican ás distintas familias e que, en moitos casos, son máis coñecidos que os propios nomes de orixe. Transmitidos de xeración en xeración, estes apelativos populares forman parte da memoria colectiva local e constitúen un valioso legado cultural que a entidade veciñal busca protexer contra o esquecemento.

Ir al contenido